Axenda cultural da provincia de Lugo

Inicio / Buscador / Obradoiros 2014 do Club Senior

Compartir:

Buscador

Refinar búsqueda




Calendario

 
 

Obradoiros 2014 do Club Senior

Obradoiros 2014 do Clube Senior

DATA: O 8 de novembro do 2014 ás 17:30h. Ver máis datas para o evento

LUGAR: Museo Fortaleza San Paio de Narla . Torre de Xiá , 27220 - Friol Ler máis sobre o lugar:

Obradoiros 2014: Temas para os meses de marzo a decembro de 2014

  • O nobelo da memoria
  • Pintura
  • Artes decorativas
  • Arqueoloxía
  • Saberes da cociña
  • O son da historia
  • iq option x descargar

Viaxe
Para os membros do Clube Senior da Rede Museística organizarase cada mes unha viaxe gratuíta a algún dos museos da Rede.

Calendario

  • Museo Provincial de Lugo: Todos os xoves, de 17:30 a 19:30 horas.
  • Museo Provincial do Mar: Todos os sábados, de 17:30 a 19:30 horas.
  • Museo Fortaleza San Paio de Narla: Todos os sábados, de 17:30 a 19:30 horas
  • Museo Pazo de Tor: Todos os sábados, de 17:30 a 19:30 horas.

Ligazóns

Descargas

Valoración:
0 puntos

Comentar

Deixa o teu comentario






Lugar

Museo Fortaleza San Paio de Narla

Torre de Xiá , 27220 - Friol
Tlf: 982 375 156
/ Web


Os primeiros documentos que fan referencia á primitiva Torre de Xiá son do século XIV descargar iq option x para android, aínda que con motivo das Revoltas Irmandiñas a Fortaleza vese moi afectada e no XVI ten que ser reconstruída. O actual edificio está composto por elementos que abarcan do século XVI ó XIX, aínda que reaproveitando materiais medievais. A Fortaleza foi adquirida pola Deputación Provincial no ano 1939 e no 1983 abre as súas portas coma Museo Etnográfico e da Historia, sendo obxecto dunha última reforma no ano 2003. O Museo está composto por tres corpos (Torre da Homenaxe, corpo central e torreón) e unha capela exterior. A planta baixa acolle diferentes coleccións relacionadas coa agricultura e cos oficios tradicionais (cesteiros, zoqueiros...) Nas cortes dos cabalos instaláronse cadeiras de man e de montar a cabalo e na adega móstranse os elementos propios desta dependencia (pelellos, prensadores de uvas, medidas de viño...) A primeira planta componse dunha cociña na que se encontran tres elementos da construcción primitiva : a lareira, o forno e o servizo hixiénico, ademais de mobiliario típico da cociña galega, cerámica, ferros de pasar, etc. ; un salón cunha gran ventá con “parladoiros” e unha cheminea renacentista ; a sala do tear; un escritorio e un dormitorio. O primeiro e segundo piso da Torre da Homenaxe albergan as coleccións de armas brancas e de fogo, destacando unha armadura de placas de hasta, outra de guerreiro samurai, dagas, machetes, espadas, revólveres de percusión, de tambor ou de chispa, fusís, canóns, etc. No terceiro piso sobresae a cheminea renacentista que Vasco das Seixas mandou construír no século XVI, decorada a base de elementos zoomorfos e fitomorfos. A capela, de planta cuadrangular, foi construída no século XVIII e ten un retablo do XIX con diversas imaxes populares i q option x

Outras datas do evento